Esther Estévez ft. Rodrigo Paganelli - 'Falsos amigos' (Lyric video) #DígochoEu #ApuntamentoLusófono
Esther Estévez ft. Rodrigo Paganelli - 'Falsos amigos' (Lyric video) #DígochoEu #ApuntamentoLusófono
Xa está aquí a primeira canción do #DígochoEu. Esther Estévez e Rodrigo Paganelli interpretan Falsos amigos, un percorrido por algunhas confusións que se poden dar cando falamos galego en Portugal.
Sabías que bico pode significar felación en portugués? (Mellor hai que dicir beijo) E que borrar pode entenderse como defecar? En Portugal, algo espantoso é algo marabilloso e para nós é horroroso.
Tampouco convén pedir pilas nunha tenda en Portugal, dado que unha pila para eles pode ser un pene (en portugués dise pilha). En fin... Esperamos que vos guste!
Autor da música: Chamaquito Pistolas (Canción DeSastre)
Autor da letra: Chamaquito Pistolas (Canción DeSastre), con achegas de Esther Estévez, Rodrigo Paganelli e Carlos F. Amado