Cargando resultados...
Esther Estévez, do #DígochoEu, entre as 100 galegas máis influentes
Segundo a clasificación elaborada polos portais de información Quincemil e Treintayseis

G24.gal
05/03/2022 16:36
A nosa compañeira Esther Estévez, do #DígochoEu, ocupa o posto 43 entre as 100 galegas máis influentes do momento, segundo a clasificación elaborada polos portais de información Quincemil e Treintayseis.
Para facer a listaxe, contaron co criterio de 40 mulleres de diferentes ámbitos. Hai políticas, empresarias, xornalistas, artistas, científicas ou deportistas que, segundo estas dúas publicacións, deixan pegada en Galicia, no resto de España e no mundo enteiro.
A iniciativa púxose en marcha co obxectivo de reivindicar o papel das mulleres na sociedade co gallo da celebración do 8 de marzo.