Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este martes comeza en Galicia a campaña de vacinación contra a lingua azul

Este martes comeza en Galicia a campaña de vacinación contra a lingua azul

O paso chega despois de que en febreiro se detectaran varios focos de contaxio na comunidade

G24.gal 06/03/2023 15:50 Última actualización 06/03/2023 20:49

A Xunta comeza este martes unha campaña de vacinación contra a lingua azul, enfermidade que afecta o gando bovino. Calcúlase que en total vai inmunizar máis de 300.000 animais.  

A campaña de vacinación levarase a cabo nas explotacións das provincias de Pontevedra e Ourense, así como nas situadas en as comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, no sur de Lugo.  

Nestas áreas será obrigatoria e gratuíta a vacinación de todos os animais das especies bovinas e ovinas de máis de tres meses de idade. Os animais menores de catro meses deberán proceder de nais vacinadas.

O persoal contratado pola Consellería do Medio Rural convocará a partir deste martes as diferentes explotacións ovinas, que recibirán tan só unha dose, e bovinas, que necesitarán de dúas pautas vía intramuscular separadas en 21 días.

Requisito imprescindible

A vacina será un requisito imprescindible para poder realizar movementos de animais cando finalice o período libre de mosquitos Culicoides, insectos que actúan como vector desta enfermidade infecciosa.  

A vacinación prodúcese despois de que en febreiro se detectaran catro focos de contaxio nas localidades pontevedresas das Neves, Castro Caldelas e Fornelos de Montes, e en Sarreaus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade