Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este Ensino recende logo da vitoria sobre o Perfumerías Avenida

Este Ensino recende logo da vitoria sobre o Perfumerías Avenida

Cuarta vitoria seguida do equipo lugués (73-65) que se coloca entre os mellores da Liga Feminina

G24.gal 02/11/2025 12:53

O Durán Maquinaria Ensino continúa co seu gran inicio de temporada na Liga Feminina. Sumou a cuarta vitoria seguida na competición e colócase no máis alto a carón de equipos como o Xirona ou o Zaragoza. O Perfumerías Avenida, un dos históricos do baloncesto feminino, perdeu en Lugo (73-65) despois de dominar a primeira parte. 

Todo dentro dunha gran igualdade. Ao remate do primeiro cuarto o resultado era de 15-16 e no descanso o marcador reflexaba un 29-35. Reaccionou o Ensino desde a defensa e entrou no último cuarto por diante no marcador (46-45). No último cuarto os dous equipos estiveron moi atinados. O Avenida colleu unha pequena vantaxe (53-57) pero respostou o Ensino remontando e colocándose por diante a pouco do final grazas a unha tripla de Florez (62-60). O acerto de Giomi, Fequiere e Haidara nos intres finais decidiu a prol do equipo galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade