Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estampas invernais en pleno mes de maio, con neve a partir dos 800 metros

Estampas invernais en pleno mes de maio, con neve a partir dos 800 metros

As previsións apuntan a que as nevaradas continuarán nas vindeiras horas, pero coa cota situada xa nos 1.100 metros

A neve deixa hoxe imaxes invernais en zonas como O Cebreiro
G24.gal 01/05/2024 14:22

Seguindo co tempo cambiante das últimas semanas, neste inicio de maio toca volver ao clima invernal. A neve resístese a marchar, algo que, segundo os veciños da montaña luguesa, é máis frecuente do que pensamos.

Nevou por riba dos 800 metros, e malia que a algúns tocoulles traballar arreo en pleno festivo en lugares como O Cebreiro, outros aproveitaron para facer turismo. Os máis sorprendidos foron os numerosos peregrinos que camiñan estes días cara a Compostela.

A neve non provocou problemas nas estradas principais. As previsións apuntan a que as nevaradas continuarán nas vindeiras horas pero coa cota situada xa nos 1.100 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar