Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan as temperaturas en Galicia, especialmente na provincia de Ourense

Baixan as temperaturas en Galicia, especialmente na provincia de Ourense

Este martes as máximas situaranse entre os 20 e o 24 graos na costa e ata os 26 no interior

G24.gal 02/06/2026 14:01

Levamos días sen entender moi ben as présas deste verán adiantado. Pero o caso é que por fin decidiu dar unha tregua.

"Esta sería a miña temperatura ideal para todo o verán". "Por certo que se notou moito, estes días a estas alturas xa había 23 ou 24 graos e hoxe non creo que pase dos 18. eu creo que está perfecto aquí o tempo".

En Ourense as temperaturas quedaron onte por riba dos 31 graos, nunha xornada propia do verán. A máxima prevista para hoxe roza os 27.

"Vou camiñando ata o ximnasio entón non me fai falta chaqueta, pero sí, xa vexo que a xente quere chaqueta. Facía falta un pouquiño de baixada porque é demasiado para o mes que estamos". "Está vindo demasiado anticipada a calor e demasiada cantidade, porque 39 graos que houbo eses días, é excesivo".

Hoxe, despois de días co verán adiantado, volvemos atopar algunha manga para o fresco da mañá.

"Agradécese moito porque estivemos nun forno, ía unha calor insoportable, e agora vai calor, a temperatura é boa, pero o fresco este agradécese". "Eu estou encantada con este cambio. Hoxe está unha mañá perfecta, boísima, e a gozar dela".

Nótase o descenso especialmente en Ourense, pero esta baixa nas temperaturas é perceptible tamén no resto de Galicia, onde as máximas quedan hoxe entre os 20 e os 24 graos na costa e os 26 nas zonas de interior.

"Pola tarde vanse abrir clarencias de xeito evidente, precisamente onde máis será no sur da comunidade, nesa provincia de Ourense e tamén de Pontevedra. As nubes de tódolos xeitos canto máis o norte estarán un pouquiño máis presentes. Non desbotamos aínda algunha pingueira, sobre todo por esa zona de Bares, Ferrol Terra e na Mariña máis occidental", explica Ana Celia Vázquez de 'O tempo'.

As temperaturas seguirán baixando lixeiramente nos vindeiros días. Unha despedida da primavera, din, como corresponde, e xa collendo forzas para a chegada do verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade