Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estafan varias empresas baixo a ameaza de cortarlles a luz

Estafan varias empresas baixo a ameaza de cortarlles a luz

Unha consultaría eléctrica detectou casos en Ourense e Pontevedra

G24.gal 27/04/2023 14:10

Juan Carlos amósanos o recibo do caixeiro. 900 euros ingresoulles aos estafadores para que non lle cortasen a luz. Non tiña débedas pendentes, pero entroulle pánico ante a perspectiva dunha fin de semana sen subministración eléctrica.

Juan Carlos González Blanco, vítima dunha estafa: "Un momento débil, ocupado... con moitas cousas na cabeza, e o que non quería era pechar a fin de semana, que tiña moitos encargos. Eles métenche présa. Danche dúas horas. Primeiro mandáronme a un banco que non admitía o recibo, e despois a outro, e non me deron tempo a pensar".

Con Paula tamén o intentaron. É a encargada dos pagos dunha empresa cárnica, con varias tendas en Ourense. Pedíanlle 8.000 euros e dábanlle minutos de prazo para pagar.

Paula Vázquez Fernández, xerente dunha empresa cárnica: "Chamáronme ás 11:15 e dixéronme que, se non pagaba, ás 11:41 cortábanme a luz en Bos Aires, unha das nosas carnicerías. Dixéronme que en 2022 houbera unha suba da luz que non puideran cobrar e que o tiñan que facer este ano".

Ela non chegou a facer o ingreso. Non lle cadraban nin os datos da empresa eléctrica, nin a maneira de pago nin a contía, pero aínda así, púxose en contacto coa súa comercializadora para asegurarse, igual que Juan Carlos. Así descubriron que houbo máis casos.

Máis casos

A maioría dos casos non chegan á policía ao non consumarse a estafa, pero a consultoría Electry Consulting, con sedes en Ourense e Pontevedra, detectou casos en ambas provincias. Recomendan contrastar calquera chamada dubidosa coa compañía correspondente.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade