Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estafan 1.800 euros nunha tenda da Coruña cunha simple chamada telefónica

Estafan 1.800 euros nunha tenda da Coruña cunha simple chamada telefónica

Tras poñer a denuncia souberon que, empregando o seu número de teléfono, estafaron outros negocios da cidade e de fóra

G24.gal 26/05/2022 14:26

Aconteceu nunha tenda de lambetadas do barrio coruñés de Matogrande. Os estafadores chamaron por teléfono facéndose pasar por unha empresa de transporte coa que traballan habitualmente aproveitando que ese día a propietaria do negocio non fora traballar. Deste xeito lograron estafarlle 1.800 euros.

Tan só nove días antes xa foran obxecto dun intento de roubo similar. Tras poñer a denuncia souberon que, empregando o seu número de teléfono, estafaron outros negocios da cidade e de fóra. A Policía Nacional xa abriu unha investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade