Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan do estado crítico en que está o Templo Votivo do Mar de Panxón

Alertan do estado crítico en que está o Templo Votivo do Mar de Panxón

O edificio ten goteiras e sofre desprendementos

G24.gal 20/01/2023 13:58 Última actualización 20/01/2023 14:09

Aínda sen chover as pegadas da auga son evidentes no Templo Votivo do Mar en Panxón. As paredes zumegan humidade, o solo está cheo de caldeiros e a choiva ameaza toda a Igrexa.

Xa está danando a imaxe da Virxe do Carme, o órgano e a figura de San Xoán, ademais dos bancos. As filtracións provocan tamén caídas de pequenos cascallos de formigón, pedra ou cemento.

Os problemas veñen de vello, pero nunca se resolveron en serio. Este novembro o templo estivo pechado unha semana para acometer un estudo.

Segundo algunhas fontes o custo das obras desta Igrexa rematada en 1.937 polo recoñecido arquitecto Antonio Palacios poderían superar os 300.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade