Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio forestal declarado no concello murciano de Mazarrón

Estabilizado o incendio forestal declarado no concello murciano de Mazarrón

Outro incendio forestal no mesmo municipio obrigou a evacuar varias vivendas hai uns días

G24.gal 15/07/2026 14:11

O incendio forestal foi provocado pola caída dun raio nunha zona de monte baixo próxima á localidade murciana de Mazarrón. O lume afectou ao cumio dun outeiro de difícil acceso para os equipos de extinción terrestres. A pesar diso, seis horas despois de iniciado, o incendio quedou estabilizado.

"Xa non temos lapa activa no perímetro. Está rodeado todo o perímetro con medios terrestres, tendido de mangueira e apoio aéreo. Evoluciona favorablemente e o vento acompáñanos de xeito favorable".

Nos traballos de extinción participan cinco brigadas forestais, varias dotacións de bombeiros da comunidade murciana e tres helicópteros que se incorporaron coas primeiras luces do día. O incendio obrigou a activar o nivel 1 do plan autonómico contra incendios forestais.

Hai cinco días, tamén no concello de Mazarrón, declarárase outro incendio forestal, que obrigou a evacuar varias vivendas. O lume quedou extinguido o domingo a mediodía despois de queimar unhas seis hectáreas de monte baixo e espartais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade