Publicador de contidos

Publicador de contidos

Memorable remontada branca en recordo de Amancio (2-5)

Memorable remontada branca en recordo de Amancio (2-5)

Emotivo minuto de silencio en Anfield na previa do Liverpool - Real Madrid polo xogador galego

Noite máxica madridista, que comezou perdendo o partido por 2-0

G24.gal 21/02/2023 22:28 Última actualización 21/02/2023 22:42

Non puido haber mellor homenaxe á figura de Amancio Amaro por parte dos xogadores do Real Madrid. Nun escenario memorable, contra un rival de lenda e perdendo por 2-0 cando só se levaban quince minutos, os brancos sacaron o xene europeo e conseguiron unha remontada descomunal que será lembrada durante moitos anos (2-5). 

No minuto 14, o resultado era moi favorable ao Liverpool, cos goles de Darwin e Salah, despois dun erro maiúsculo de Courtois. 

Chegou o momento de Vinicius, que deu un recital de fútbol no primeiro tempo. Marcou dous goles e fabricou un par de xogadas máis en que humillou a defensa do Liverpool. Ao descanso, o resultado era de empate a dous. 

 

Só pasaran dous minutos da segunda parte e Militão sorprendeu a defensa inglesa nunha xogada de estratexia. O Real Madrid culminaba a remontada e aínda quedaba moito tempo por diante. 

Tempo que aproveitou Benzema para asinar o seu dobrete particular e deixar a eliminatoria moi encamiñada, o segundo da súa conta despois dunha xogada de fantasía. Anfield calaba ollando un espectáculo que ninguén agardaba ao cuarto de hora do primeiro tempo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade