Publicador de contidos

Publicador de contidos

España toca o ceo no Mundial feminino

España toca o ceo no Mundial feminino

A galega Tere Abelleira foi titular e xogou todo o partido

Olga Carmona marca o gol que vale o título mundial no minuto 29 de partido

G24.gal 20/08/2023 13:51 Última actualización 20/08/2023 14:02

A selección española feminina fixo historia ao gañar o título mundial. A vitoria por 1-0 diante de Inglaterra queda no libro de ouro do fútbol español, a carón da vitoria de 2010 do equipo masculino. Tere Abelleira xogou todo o encontro e a pontevedresa tocou o ceo deportivo. 

O partido decidiuse cun gol de Olga Carmona no minuto 29 do primeiro tempo despois dunha media hora en que houbo ocasións para os dous equipos. 

No último minuto da primeira metade Salma Paralluelo mandou un remate ao poste que puido poñer o 2-0 no marcador. España baseou o seu éxito no traballo defensivo. E mesmo puido marcar un segundo gol nun penalti por man de Walsh pero que Jenni Hermoso non puido aproveitar.

O final resultou agónico. Engadíronse trece minutos, pero as inglesas non atoparon o xeito de crear perigo na portería de Cata Coll. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade