Cargando resultados...
España supera os 94.000 falecementos dende o inicio da pandemia
A incidencia baixou 144 puntos, ata os 2.420 casos, con 74.368 novos positivos detectados
Volven subir os casos activos e estabilízase a presión hospitalaria

G24.gal
03/02/2022 19:27
España superou este xoves os 94.000 falecementos consignados desde o inicio da pandemia en pleno descenso da curva da sexta onda, nun día en que a incidencia baixou 144 puntos, ata os 2.420 casos, con 74.368 novos positivos detectados.
Os datos de Sanidade apuntan a 183 novos decesos comunicados polos territorios e 809 na última semana, de forma que o total desde marzo de 2020 ascende a 94.040, mentres que a ocupación dos hospitais tanto en planta (13,5 %) como nas unidades intensivas (20,6 %) volve descender levemente no último día.