Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven subir os casos activos e estabilízase a presión hospitalaria

Volven subir os casos activos e estabilízase a presión hospitalaria

Os contaxios diarios baixan lixeiramente, pero seguen por riba dos 5.800

Aumentan as persoas con coronavirus en todas as áreas sanitarias

Jessica Fernández 03/02/2022 10:08

Os casos activos volven aumentar (+1.439) e superan os 61.000. En total, hai  61.716 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 5.886 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 13.424 (+149)

Vigo: 16.051 (+441)

Ourense: 6.103 (+88)

Santiago: 10.265 (+444)

Lugo: 6.366 (+218)

Pontevedra: 6.576 (+12)

Ferrol:  2.931 (+87)

En canto á presión hospitalaria, esta mantense estable, ao restar catro ingresos en planta pero sumar tres nas UCI. En total, hai 681 persoas hospitalizadas, 637 en planta e 44 nas UCI.

Con todo, o Sergas notificou o deceso de seis persoas que foran diagnosticadas coa covid-19, que alzan a cifra a 2.961 falecmeentos desde o inicio da pandemia.

Na área sanitaria de Santiago faleceu unha muller de 94 anos, outra de 93 na área de Ourense, outra de 88 anos na área de Pontevedra, un home de 80 anos na de Lugo, outro de 92 na área de Santiago e un de 78 anos na da Coruña. As persoas falecidas presentaban patoloxías previas. 

 

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade