Publicador de contidos

Publicador de contidos

España rexistra a menor cifra de novos contaxios en dous meses

España rexistra a menor cifra de novos contaxios en dous meses

Galicia continúa restando casos activos e persoas ingresadas, pero aumentan os contaxios diarios

Segue descendendo tamén a presión hospitalaria en planta e coidados intensivos

G24.gal 15/02/2022 19:21

A incidencia acumulada en España rexistrou un novo descenso, esta vez de 102 puntos, ata situarse nos 1.142 casos cunha caída dos contaxios covid ata os 34.380, a cifra máis baixa desde mediados de decembro. As comunidades comunicaron 310 falecementos no último día.

A par da caída nos indicadores de transmisión nas últimas semanas, a presión nos hospitais vai minorando tanto en planta (9,2 %) como nas unidades de coidados intensivos (15,6 %), aínda que polo menos unha decena de territorios continúan cunha taxa de ocupación UCI con críticos por covid-19 por encima do risco moi alto.

A sexta onda deixou ata o momento case 10.000 mortes (9.989), co que o total de óbitos consignados desde o inicio da pandemia roza os 97.000 (96.906).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade