Galicia continúa restando casos activos e persoas ingresadas, pero aumentan os contaxios diarios
O Sergas notificou 13 falecidos por mor da covid nas últimas 24 horas

Os casos activos continúan en descenso (-2.535) e achéganse aos 36.000. En total, hai 36.105 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan e pasan dos 2.000, rexistrándose 2.299 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 7.952 (-532)
Vigo: 7.872 (-777)
Ourense: 3.844 (-191)
Santiago: 6.307 (-515)
Lugo: 3.817 (-227)
Pontevedra: 4.063 (-257)
Ferrol: 1.843 (-67)
En canto á presión hospitalaria, esta tamén diminúe, tanto nas UCI (-2) como en planta (-8). En total, hai 653 persoas ingresadas, 611 e 42 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou trece decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.051 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos