Publicador de contidos

Publicador de contidos

España perde contra O Canadá na Copa Davis

España perde contra O Canadá na Copa Davis

Foto: EFE
G24.gal 17/09/2022 12:42

Complícase o camiño de España de cara aos cuartos de final da Copa Davis logo de caer no enfrontamento diante de Canadá.  A eliminatoria comezou con vantaxe, tras a vitoria de Roberto Bautista contra Vasek Pospisil por 3-6. 6-3 e 6-3. Deixaba o pase á fase final, que se disputará en novembro en Málaga, a unha soa vitoria,

Pero non chegou ese segundo punto. Primeiro Auger-Aliassime derrotou a un Carlos Alcaraz que acaba de chegar do Aberto dos Estados Unidos. Impúxose por 6-7, 6-4 e 6-2, establecendo o empate no choque. E despois, a parella de dobres, formada polo propio Augier Aliassime e Pospisil, derrotaron a Granollers e a Pedro Martínez, obrigando á vitoria mañá contra Corea

O flamante númeron un do mundo, Carlos Alcaraz, defendeu que, malia a non atoparse aínda ao 100% fixo un gran partido contra un gran rival, que so fuxiu por pequenos detalles. Agora España terá que vencer a Corea no terceiro enfrontamento do grupo para asegurar o pase a esa fase final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos