España clasifícase para as semifinais do Mundial feminino
Gañoulle aos Países Baixos cun gol de Paralluelo na segunda parte da prórroga (2-1)
Tere Abelleira emocionouse diante dos micrófonos ao rematar o encontro
A selección española feminina acadou o pase ás semifinais do Mundial feminino logo de impoñerse aos Países Baixos cun gol de Salma Paralluelo na segunda metade da prórroga (2-1). Unha clasificación merecida porque o equipo de Vilda foi moi superior ao seu rival. A galega Teresa Abelleira foi titular e xogou os 120 minutos.
España dominou o partido desde o principio ata o final. Na primeira parte gozou das mellores ocasións. Estrelou dous remates no poste e mesmo lle anularon un gol por un fóra de xogo milimétrico.
✖️¡Gol anulado a España!
— Teledeporte (@teledeporte) August 11, 2023
🇪🇸 0- 0 🇳🇱 #FIFAWWC
Vaya giro de Ona y que jugadón de España, una pena la posición de Esther. ¡VAMOS!
🔵Sigue el partido en directo en @La1_tve o aquí: https://t.co/FYYoiMl8eH pic.twitter.com/eAfkGct4eJ
O segundo tempo foi máis comedido no tocante ás ocasións. No minuto 60 a árbitra pitou un penalti cometido por Irene Paredes que anulou logo da revisión no VAR. O penalti que si se asubiou chegou no 80 e a prol de España. Mariona Caldentey non fallou e poñía a España moi preto da clasificación.
⚽️¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL! ¡MARIONAAAAAAAAA DE MI VIDA!
— Teledeporte (@teledeporte) August 11, 2023
🇪🇸 1- 0 🇳🇱 #FIFAWWC
😍Mariona convierte el penalti sancionado por mano de la zaguera neerlandesa y acerca a España a Semis
🔵Sigue la segunda parte en @La1_tve o aquí: https://t.co/FYYoiMl8eH pic.twitter.com/YQXzWmQ03E
Pero no tempo engadido e nun dos poucos achegamentos dos Países Baixos empatou Van der Gragt.
¡Empata Países Bajos por medio de Van Der Gragt!
— Teledeporte (@teledeporte) August 11, 2023
🇪🇸 1- 1 🇳🇱 #FIFAWWC
En posición correcta por centímetros pero se plantó sola contra Cata y fulminó con un derechazo preciso. ¡Toca seguir!
🔵Sigue la segunda parte en @La1_tve o aquí: https://t.co/FYYoiMl8eH pic.twitter.com/nm1SfDclZ0
O partido tivo que decidirse na prórroga. Parecía que ía chegar aos penaltis cando Salma Paralluelo acertou cun remate cruzado que entra na historia do fútbol español. Por primeira vez xogará unhas semifinais dun campionato do mundo feminino.
¡AJDFGHDJFDJS𝙎𝘼𝙇𝙈𝘼GKEDKFSKSDAKFADSKFJD!¡GOOOOOOOOOOOOOOOL! #MundialRTVE
— Teledeporte (@teledeporte) August 11, 2023
🇪🇸 2 - 1 🇳🇱 #FIFAWWC
GOLAZO DE SALMA PARALLUELO EN EL 111', ¡QUÉ TE INVENTASTE!
🔵Sigue la prórroga en @La1_tve o aquí: https://t.co/FYYoiMl8eH pic.twitter.com/TSgqqzAdMP
Tras rematar o encontro, a galega Tere Abelleira acudiu a falar a zona de prensa, onde foi incapaz de controlar a emoción tras conseguir unha clasificación histórica para a selección.