Publicador de contidos

España lidera o comercio mundial de cefalópodos coa China e O Xapón

España lidera o comercio mundial de cefalópodos coa China e O Xapón

A USC coordina o estudo científico publicado na revista Scientific Reports

Son das especies máis sensibles ao cambio climático

G24.gal 13/01/2022 20:55

Coñecer dános o poder de cambiar e mellorar.

Conscientes dese poder, 14 científicos dun equipo multidisciplinar internacional liderado pola Universidade de Santiago traballaron cos datos das Nacións Unidas sobre o comercio de cefalópodos. Sabendo que este grupo de especies entre as que están o polbo, a xiba e o calamar, son moi sensibles ás variacións ambientais derivadas do cambio climático.

Sebastián Villasante, coordinador do proxecto e investigador da USC cóntanos: "É a primeira vez que nos preguntabamos en que medida o mellor coñecemento pode axudar a este tipo de pesquerías"

Un cambio climático que inflúe e influirá nunha industria multimillonaria que medrou un 400 por cento nas últimas décadas presente en 250 países pero liderada conclúen, por España, a China e o Xapón.
Pero non sempre os principais produtores son os que dominan o comercio mundial e apuntan a Italia como posible exemplo a seguir no futuro inmediato. 

"Italia é un dos países do mundo que máis diversificado ten os seus mercados e eso pode ser unha boa estratexia de cara a posibles cambios abruptos"

Os investigadores cren que o seu estudo pode ser unha boa ferramenta para gobernos, administracións e mesmo industrias pesqueiras. 

"Porque nos permite identificar onde están os centros de gravidade non só de consumo e de producións senón tamén cales son os factores que están modulando dalgunha maneira a rede mundial de cefalópodos"

Por eso consideran que o coñecemento é a mellor forma de afrontar os desafíos futuros destas pesqueirías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar