Publicador de contidos

Publicador de contidos

España gaña en Noruega e clasifícase para a Eurocopa

España gaña en Noruega e clasifícase para a Eurocopa

Chegou cun solitario gol de Gavi na primeira xogada do segundo tempo

G24.gal 15/10/2023 23:37

España xa ten o billete para a Eurocopa grazas a un triunfo cómodo pola mínima en Oslo (0-1), cun tanto na segunda parte de Gavi. O resultado colócaa como líder de grupo e déixaa a tiro de ser cabeza de serie na fase final.

Non foi unha actuación brillante, pero si solvente, e unha vitoria xusta. España foi mellor que unha decepcionante Noruega, que estaba obrigada a gañar e non meteu en problemas a Unai Simón durante o partido. 

España controlou o partido, aproveito unha oportunidade e anulou a Haaland, que só deixou algún detalle illado e nunca recibiu na área, onde é máis perigoso. 

-- Ficha técnica:

0 - Noruega: Nyland; Ryerson, Strandberg (Ajer, m.77), Østigård, Meling; Bobb (Sørloth, m.59), Ødegaard, Berg (Nusa, m.58), Berge, Aursnes (Thortsvedt, m.77); Haaland.

1 - España: Unai Simón; Carvajal, Laporte, Le Normand (David García, m.46), Fran García; Rodri, Gavi (Sancet, m.79), Fabián; Ferran Torres (Pedraza, m.71), Morata (Joselu, m.89), Ansu Fati (Oyarzabal, m.46).

Gol: 0-1, m.49: Gavi.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade