España e Portugal empatan no duelo ibérico da Liga das Nacións
España e Portugal empatan no duelo ibérico da Liga das Nacións
Morata adiantou a selección española e Ricardo Horta empatou a dez minutos para o final
España e Portugal empataron (1-1) no duelo ibérico co que comezaba a Liga das Nacións. Un partido no que a selección española tivo máis posesión e oportunidades pero á que chegou con vida Portugal nos últimos minutos.
A saída do encontro de España foi cunha marcha máis e froito diso comezaron a chegar as oportunidades. No minuto 25 Morata aproveitou unha desas ocasións para adiantar o equipo de Luís Enrique.
O partido comezou a caer e non o revitalizaron nin os trocos. Olmo ou De Tomás en España e Cristiano Ronaldo na selección portuguesa. Houbo que agardar ata o minuto 82 para vermos o gol do empate. Ricardo Horta, capitán do Spórting Braga e que ven de facer unha temporada memorable, superaba a Unai Simón e poñía o definitivo 1-1.
No outro partido do grupo a República Checa impúxose a Suiza (2-1) e comeza como líder esta Liga das Nacións.