España é o terceiro país da UE onde máis medraron os prezos agrícolas de 2022 a 2023
España é o terceiro país da UE onde máis medraron os prezos agrícolas de 2022 a 2023
O incremento dos prezos destes produtos dun verán a outro sitúase no 16 %

A Axencia Estatística Europea ofrece cifras concretas ao que todos os consumidores ven e padecen cando van mercar: o incrible aumento no prezo dos alimentos.
No último ano, na UE, os cítricos encarecéronse case un 90 %, o aceite de oliva un 48 % e as patacas un 38% , principalmente pola seca no campo. E este é un problema xeral no continente, en dezasete dos vinte e sete socios comunitarios os prezos agrícolas aumentaron con forza.
E España estivo entre os que máis o fixo. Segundo Eurostat, de media os prezos agrícolas españois medraron un 16 % entre este verán e o pasado. Só en Portugal e Grecia o fixeron máis.
No conxunto da Unión Europea o problema vaise solucionando. Os prezos agrícolas só medraron un 2 %, están a frearse con forza. Porque se comparamos os de comezos de ano cos do 2022, entón o aumento sería como en España, Portugal ou Grecia.