Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joselu participa do festival goleador de España ante Chipre (6-0)

Joselu participa do festival goleador de España ante Chipre (6-0)

O de Silleda marcou o terceiro gol

Gavi, Merino, Ferrán Torres (2) e Álex Baena anotaron os outros

España é segunda na fase de clasificación para a Euro 2024

G24.gal 12/09/2023 22:10 Última actualización 12/09/2023 22:29

Non foi o recital futbolístico de Xeorxia, pero España gañou con comodidade a Chipre (6-0) e comeza a remendar o mal inicio da fase de clasificación para a Eurocopa de 2024. Con catro partidos, ocupa o segundo posto, lonxe aínda de Escocia (ten un partido máis) e con Noruega seguíndoa de preto (tamén cun partido máis). 

De la Fuente confiou de inicio no adolescente Lamine Yamal (16 anos) a carón de Morata e Nico Williams, mancado antes do descanso. Os goles de Gavi e de Mikel Merino deixaban ás claras a superioridade dunha selección española á que lle anularon un tanto por fóra de xogo de Morata. 

O de Silleda Joselu Mato entrou na segunda metade en substitución de Morata. Non lle fixo falta tocar moitos balóns. Avisou cun remate cruzado e no 70 anotou cunha cabezada marca da casa. 

Chipre baixou os brazos e España aproveitou para redondear a goleada. Ferrán Torres (2) e o debutante Álex Baena marcaron no espazo de dez minutos e pecharon a goleada. O vindeiro partido, na casa e contra Escocia (12 de outubro), será determinante para o futuro da selección española nesta fase de clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar