España Campioa da Nations League tras golear a Alemaña (3-0)
Dous goles de Claudia Pina e un de Vicky López deciden a favor de España na segunda metade
Segunda Nations League para a Selección, primeira con Sonia Bermúdez como adestradora
@SEFutbolFem
A Selección española de fútbol fíxose coa Nations League tras derrotar no Metropolitano a Alemaña ante máis de 55.000 espectadores. Segunda Liga das Nacións para a Selección española que despois do empate a cero acadado no partido de ida non desaproveitou a oportunidade de facerse co título diante da súa xente.
A primeira metade foi igualada. Mariona Caldentey marrou a mellor chegada das de Sonia Bermúdez namentres que o combinado xermano amagou con algunha contra que levou a inquedanza á meta de Cata Coll.
Na segunda parte España decidiría a gran final. Unha gran xogada combinativa foi finalizada cun gran remate de Claudia Pina desde á frontal da área. Con vantaxe no marcador e coa posibilidade de xogar a campo aberto a Selección incrementaría a súa renda con dúas xogadas individuais de moitísima calidade. Primeiro foi a madrileña Vicky López e despois foi de novo Claudia Pina quen redondeaba o marcador. Vitoria e terceiro título internacional para a Selección despois do Mundial e da outra Nations League acadada hai dous anos.