Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		España aposta por manter a cota de pesca do patudo
Luis Planas defende a necesidade de avaliar o impacto económico e social á hora de decidir as cotas pesqueiras
                            G24.gal
                        
                            21/10/2024 11:05
                        
                        
                        
                        
                    
                    España aposta por manter a cota de atún patudo o ano que vén, unha especie que pescan ao redor dun cento de barcos galegos, os que se dedican ao bonito. Se a cota escasea, restrínxese a pesca a apenas unha vintena de barcos.
Con todo, polo momento o sector en Galicia considera que as cifras son suficientes. O ministro de Agricultura e Pesca defende en Bruxelas a necesidade de ter en conta o impacto económico á hora de definir as cotas pesqueiras.
Luis Planas apuntou que "sobre o patudo defendemos manter a cota actual. No peixe espada estamos de acordo co plan de xestión no atlántico que permita a súa captura plurianual".
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        