Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esnáfrase un coche contra a fachada dun edificio no Carril

Esnáfrase un coche contra a fachada dun edificio no Carril

Os dous ocupantes do coches saíron ilesos e nese momento ninguén pasaba polo lugar

Imaxe deste xoves da fachada do edificio do Carril contra o que bateu un coche ocupado por dous mozos
G24.gal 26/01/2023 14:05

Os danos son notables nun edificio preto da Praza da Liberdade como consecuencia do impacto dun coche que circulaba de Bamio a Vilagarcía ocupado por dous mozos. Na saída da rotonda do Carril o condutor perdeu o control do vehículo, montou a beirarrúa e esnafrouse contra o edificio. Segundo conta a testemuña foi contra as sete e media da tarde e un dos implicados tratou de fuxir:

"Un saíu a toda velocidade e o outro, moi tranquilo; como se non pasara nada. E algúns dos meus compañeiros saíron detrás do que fuxía e logo puideron collelos máis adiante. Un meteuse nun portal e saíu como se o accidente non fora con el", relata María Eiras, que viu o sucedido.

María engade que a reacción do seu grupo propiciou que a Policía Local de Vilagarcía collera o que tentaba fuxir. Presentárono no xulgado acusado de desobediencia e resistencia á autoridade. As probas ao chofer deron positivo en alcol e outras drogas. Á parte das circunstanciais deste caso, no lugar cuestionan a seguridade da vía.

"Segundo os veciños, viñan a moita velocidade. Pero, esa é unha zona moi perigosa. Hai moitos anos xa houbo unha desgraza e claro, se vas camiñando pola beirarrúa cos meniños, esmagaríavos. Os veciños do Carril estamos fartos da sinistralidade nesta rotonda", di Eiras.

Desde o interior do inmoble dixéronnos que levaron un susto grande cando o coche bateu e que están agardando a avaliación pericial do seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade