Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esixen a limpeza dunha parcela abandonada porque os ratos entran nas vivendas

Esixen a limpeza dunha parcela abandonada porque os ratos entran nas vivendas

Piden que o Concello de Cangas reclame responsabilidades e solucións aos propietarios

G24.gal 11/04/2023 14:01

Os veciños da avenida de Ourense en Cangas quéixanse do estado dunha parcela no centro da vila. Converteuse nunha selva porque leva tempo abandonada. Unha situación á que se suma a sucidade que deixa o río que pasa por ela.  

A peor parte lévana os veciños do inmoble lindeiro. Aseguran que os ratos cóanse nas súas vivendas e están fartos de vivir así.

Na parcela ían construír un inmoble pero finalmente non foi así. Os veciños pensan que está en mans dun banco. Ante o seu estado de abandono piden que o Concello esixa responsabilidades e solucións aos propietarios.

Os veciños agardan solucións urxentes, porque vivir nesta situación é para eles moi desagradable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade