Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esgótanse as reservas para este 14 de febreiro en restaurantes con menús de San Valentín

Esgótanse as reservas para este 14 de febreiro en restaurantes con menús de San Valentín

Din que este ano hai unha repunta na demanda para un 14 de febreiro que xa non se celebra só en parella

Menú especial do Hotel Plaza
G24.gal 13/02/2025 20:51 Última actualización 13/02/2025 21:39

En moitos restaurantes galegos ofertan menús especiais nas súas cartas con motivo de San Valentín.  E as reservas esgótanse.

"Estamos realmente cheos para o evento. Facémolo o venres, pero tamén repetimos o sábado. Dá para dúas noites o que xa é un éxito en sí", conta Adrián Remuiñán, responsable de eventos do Hotel Plaza e Restaurante Esencia.

Paula Cadenas, xefa de sala do restaurante Bellini Rooftop, apunta que no seu restaurante xa "temos pechada a aplicación de reservas porque xa temos 150 persoas para mañá e tamén o pasamos ao sábado". 

Crear ambientes románticos con decoración e música en directo completan as propostas gastronómicas. "Nós temos unha proposta de cea con baile incluído. Tamén con cuarto se a xente o quixese. E incluso almorzo e spa para que sexa todo un pouco máis romántico", engade Adrián. 

Din que este ano hai unha repunta na demanda para un 14 de febreiro que xa non se celebra só en parella. Hai quen opta por outras fórmulas. "Temos unha mesiña de oito que escolleron o menú de san Valentín, aínda non sabemos se son parellas todos ou non, pero ben. Logo hai unha mesa de seis que esa si son todas parellas". Porque compartindo mesa tamén se festexa o amor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade