Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escolares de Barbadás coñecen e proban os produtos locais e de proximidade

Escolares de Barbadás coñecen e proban os produtos locais e de proximidade

Coa actividade o Centro de Infantil e Primaria de O Ruxidoiro fomentan hábitos saudables entre os escolares

Os escolares cultivan tamén a súa propia horta con todo tipo de hortalizas e froitas

 

G24.gal 22/04/2022 14:16

Na actividade 'Come local' os escolares do Ruxidoiro de Barbadás coñecen e proban as variedades de aceite de oliva virxe extra e puideron probalo co pan de Cea. 

Aprenden a comer de xeito saudable e a valorar os produtos máis próximos. Neste colexio tamén contan coa súa propia horta.

Plantan e cultivan as súas hortalizas e froitas e despois din que poñen en práctica os seus coñecementos na casa. 

Agora só queda agardar a ver se teñen unha boa colleita. Con este proxecto de educación e alimentación saudable mellorarán os seus hábitos alimentarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade