Escolares da Aula Newton da Tecnópole de Galicia converténse en pilotos por un día
Na actividade A aventura de voar poñen en práctica os coñecementos de física e matemáticas realizando un plan e voo e un simulacro de voo moi realista
Converterse en verdadeiros pilotos por un día dun xeito divertido e práctico. É o que fan os alumnos e alumnas da aula Newton do Parque Tencnolóxico de Galicia.
Participan na actividade A aventura de voar, en que a través dos simuladores se poñen aos mandos dun avión Boeing e, asesorados por profesionais da aviación, experimentan un voo case de xeito real. Toda experiencia, aseguran.
"É unha experiencia moi positiva porque podes aplicar coñecementos de mates e física dunha forma máis interesante xa que os simuladores de voo permiten facelo como se fora nunha película, entón resulta moito máis chamativo e atopas aplicación a todo o que aprendes na clase que moitas veces parece que non sirve para moito", conta Iria, unha alumna de bacharelato.
"É moi entretido que aprendemos como fan os pilotos de verdade a voar cos avións e que é case como se fose real e aplicando os coñecementos que antes aprendemos na parte do profesor", explica Roque.
A Aula Newton, que leva ano e medio funcionando no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, é a primeira en España para achegar a aeronáutica e as ciencias á rapazada.