Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escepticismo no arranque da campaña da zamburiña en Ferrol

Escepticismo no arranque da campaña da zamburiña en Ferrol

 Despois de 3 horas de traballo, o resultado foi: uns 7 quilos de zamburiña entre os dous tripulantes

O prezo de venda da zamburiña subirá dos 24 euros o quilo co que se rematou a campaña pasada

Tripulantes da embarcación Coviña durante a primeira xornada da campaña da zamburiña
G24.gal 15/06/2026 13:54

Despois de 9 meses de parón retomouse a extracción de zamburiña no único banco natural de Galicia, en Ferrol. As expectativas a priori non eran moi prometedoras e fóronse confirmando ao longo da mañá, como relata o Patrón maior da confraría de pescadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui.

A Coviña é dunha das 4 embarcacións que hoxe decidiron probar sorte no arranque da campaña. Despois de 3 horas de traballo, o resultado foi: uns 7 quilos de zamburiña entre os dous tripulantes. Moi lonxe do cupo de 10 quilos por tripulante establecido.

Esta situación vense repetindo desde o 2024 en que houbo un episodio de alta mortaldade. Desde entón hai moita cría, pero non consolida e non alcanza o talle comercial. O CSIC está a desenvolver un proxecto de investigación para saber o porqué deste comportamento. A priori non semella deberse ás chuvias e á baixa salinidade como se pensou.

O que si está garantido é que o prezo de venda da zamburiña subirá dos 24 euros o quilo co que se rematou a campaña pasada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar