Cargando resultados...
Escaseza de auga nos encoros galegos a mediados de xullo
A seca e a vaga de calor deixan algunhas presas por debaixo da metade da súa capacidade
G24.gal
17/07/2022 10:39
Última actualización 17/07/2022 11:44
A falta de choivas e a vaga de calor ocasionan que os grandes encoros galegos teñan moita menos auga da que lles correspondería no mes de xullo.
Dous deles, o de Belesar, na provincia de Lugo; e Fervenza, na da Coruña, están por debaixo da metade da súa capacidade.
En peor situación, aínda, está o encoro das Portas, en Ourense, que está ao 23% da súa capacidade, cincuenta puntos menos da media dos últimos dez anos, que é do 72%.
Tamén as pequenas presas, como a de Cenza, Parada de Sil e Penarrubia teñen auga en menos da terceira parte da súa capacidade.