Cargando resultados...
Erik Quintela: “O Breo quere que eu siga e eu quero seguir”
G24.gal
03/05/2022 10:10
O escolta galego do CB Breogán, Erik Quintela, xogou onte Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a vitoria do equipo lucense fronte a Gran Canaria por 84 a 86.
Quintela anotou, a falta de menos de 2 segundos para o final, a canastra decisiva que lle permitiu sumar ao equipo galego un trunfo que mantén vivas as esperanzas de poder entrar no play off na loita polo título.