Cargando resultados...
Erasmus españois non atopan vivenda en Italia
Os estudantes quéixanse de prezos desorbitados, estafas e discriminación
G24.gal
22/09/2022 15:55
Última actualización 22/09/2022 16:09
A ilusión á súa chegada a Roma tornouse en angustia. Para os Erasmus españois a busca de piso está a ser toda unha odisea.
É o caso da galega María Pichel. Denuncia que están a sufrir discriminación. A súa desesperación convérteos en branco dos estafadores.
Máis do 20 por cento están sen aloxamento e os que o teñen están en amoreados ou en condicións de insalubridade.
Moitos mesmo tiveron que durmir na rúa. As familias piden axuda ao programa Erasmus en España para acabar coa dramática situación dos nosos estudantes en Italia.