Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epi: "Cando o club teña algo que comunicarme, vaino facer"

Epi: "Cando o club teña algo que comunicarme, vaino facer"

O técnico confirma a baixa de Álex Hernández por lesión: "Merece un monumento pola persoa e o profesional que é"

G24.gal 22/05/2025 12:51 Última actualización 22/05/2025 13:14

Diego Epifanio apela ao traballo e á profesionalidade indubidable dos seus xogadores e de todos os integrantes do Leyma Coruña nas dúas xornadas que restan de campionato.

"Xogámonos moito a nivel persoal, profesional e de respecto aos nosos afeccionados e ao club", asegura.

Mentres o equipo afronta este sábado o intranscendente duelo contra o UCAM Murcia, o técnico burgalés pon en mans do club a continuidade do proxecto que arrincou na Coruña fai xa tres tempadas.

"Eu teño contrato. Eu traballo en defender a imaxe do club e a miña como profesional. Cando o club teña algo que comunicarme, se o ten, vaino facer. Se non, entendemos que a relación seguirá"; comentou na sala de prensa do Palacio de Riazor.

A poucas horas de afrontar o último partido a domicilio na ACB, o Leyma volve ter problemas coas lesións. O último en sumarse á enfermería é o capitán, Álex Hernández.

"Leva arrastrando un mes unhas molestias na boneca que lle impediron adestrar a gusto, pero non que estivese todos os minutos do adestramento na pista. Merece un monumento pola persoa e o profesional que é", desvelou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade