Publicador de contidos

Publicador de contidos

O catalán Carles Marco será o adestrador do Leyma a próxima temporada

O catalán Carles Marco será o adestrador do Leyma a próxima temporada

Na actualidade é o axudante de Tiago Splitter no Paris Basketball

G24.gal 10/06/2025 09:39 Última actualización 10/06/2025 09:48

O técnico catalán Carles Marco será o adestrador do Leyma a próxima temporada.  Marco ten experiencia na LEB, onde dirixiu o Oviedo, o Palencia e o Xirona. Nos últimos tres anos exerceu de axudante de Dusko Ivanovic no Estrela Roxa e de Roger Grimau no Barça a temporada pasada.

Na actualidade é o axudante de Tiago Splitter no Paris Basketball, equipo revelación na presente edición da Euroliga e que se atopa inmerso na loita polo título da competición francesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade