Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Epifanio non continúa no Leyma Coruña

Diego Epifanio non continúa no Leyma Coruña

A entidade laranxa agradece a Epi a súa demostrada profesionalidade e compromiso nas tres tempadas ao mando do Leyma Coruña

G24.gal 04/06/2025 10:11 Última actualización 04/06/2025 17:01

Diego Epifanio termina a súa etapa á fronte do Leyma Coruña. A entidade laranxa agradece a Epi a súa demostrada profesionalidade e compromiso nas tres tempadas ao mando do Leyma Coruña, especialmente a súa decisiva contribución ao ascenso á liga Endesa tras obter o título de campións da LEB Oro na pasada campaña 2023-2024.

Na primeira tempada de Epi no Club (2022-2023), o Leyma Coruña finalizou no terceiro posto da liga regular da LEB Oro, a mellor clasificación alcanzada polos laranxas ata a data, aínda que nos play off de ascenso o equipo cedeu no cuarto partido dos cuartos de final ante o Gipuzkoa Basket, quedándose ás portas da Final Four.

A iso seguiulle a inesquecible tempada 2023-2024, na que o Leyma Coruña proclamouse campión da segunda categoría do baloncesto español, un fito histórico conquistado por primeira vez nos case trinta anos de vida do club herculino. Na mesma tempada o equipo laranxa disputou ademais por primeira vez unha final de Cópaa Princesa.

Pablo de Amallo, presidente do Club Básquet Coruña, tivo estas palabras para o burgalés.

“Epi pasou a formar parte da nosa mellor historia e desexámoslle todo tipo de éxitos na súa nova etapa a nivel persoal e profesional".

"Axudounos a cumprir un soño, sempre estaremos enormemente agradecidos e en débeda con el, non só polo seu traballo ao mando do primeiro equipo senón pola súa achega indubidable no crecemento da masa social en torno ao proxecto e no impulso da afección ao baloncesto na Coruña”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade