Cargando resultados...
Comeza a pretemporada do Deportivo con dúas fichaxes e 31 futbolistas en Abegondo
Antonio Hidalgo dirixiu a súa primeira sesión á fronte do equipo
Esta semana o Deportivo terá seis adestramentos, cunha dobre sesión o xoves
G24.gal
07/07/2025 20:38
Na Segunda División, comezou tamén oficialmente a pretemporada do Deportivo, coas probas médicas pola mañá, e a primeira sesión en Abegondo esta tarde.
Primeira sesión dirixida polo novo adestrador, Antonio Hidalgo. Con 31 futbolistas convocados e, polo momento, dúas caras novas. Lucas Noubi e Arnau Comas. Esta semana hai planificados seis adestramentos, cunha dobre sesión o xoves, e descanso o domingo.