Envorca un autobús escolar en Lalín e todos os ocupantes están en bo estado
No interior ían unas 40 persoas entres profesores e escolares dun instituto de Forcarei que ían de visita escolar
Tres rapaces e un adulto sufriron pequenas lesións, cortes e golpes, e foron trasladados ata o centro de saúde onde os atenderon
O suceso aconteceu as 9:30 da mañá na estrada EP-6002, no concello pontevedrés de Lalín, na estrada que une a Estación de Viñoa con Botos, lugar de Soutolongo. O autobús envorcou lateralmente e os ocupantes levaban os cintos de seguridade.
No interior ían unas 40 persoas entres profesores e escolares dun instituto de Forcarei que ían de visita escolar. Malia o estado no que quedou o vehículo, envorcado lateralmente, os rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos que viaxaban no interior xunto cos seus docentes puideron saír do vehículo polos seus propios medios.
Tres rapaces e un adulto sufriron pequenas lesións, cortes e golpes, dos que foron atendidos no centro de saúde,
Ata o lugar acudiu urxencias médicas, o GES de Lalín, a Policía Local, os Bombeiros do Deza, a Garda Civil, Protección Civil e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.
A Garda Civil confirmou que o condutor do autobús deu negativo nas probas de alcol e drogas que lle practicaron. A pouca velocidade á que circulaba e o feito de que todos levaran o cinto de seguridade posto foron claves para que todo quedara nun susto.
Toda a pasaxe foi trasladada por outro autobús ao centro educativo.
Ademais, ao lugar acudiron os #BombeirosDeza, #GESLalín, @guardiacivil Tráfico, #PolicíaLocal, efectivos de Protección Civil de Lalín e servizo de mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras (2/2) pic.twitter.com/86jEK9yUug
— 112Galicia (@112Galicia) March 18, 2022
