Publicador de contidos

Publicador de contidos

Envorca co seu coche en Boiro tras escapar da Garda Civil

Envorca co seu coche en Boiro tras escapar da Garda Civil

Unha patrulla deulle o alto tras detectar manobras estrañas

G24.gal 10/09/2022 14:10

Un condutor sufriu esta mañá un accidente en Escarabote, Boiro, cando escapaba da Garda Civil despois de que unha patrulla lle dera o alto. Na fuxida envorcou co seu coche na vila e despois conseguiu continuar a pé.

Os feitos sucederon logo de que a Garda Civil observara un vehículo que realizaba manobras estrañas. En canto se viu perseguido o condutor emprendeu a fuxida e acabou envorcando. O home, que escapou do lugar correndo xa está localizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade