Entra roubar nunha zapatería de Redondela e é detido horas despois na casa
O home, coñecido polos comerciantes da vila, xa entrara noutros establecementos.
Só uns días antes intentouno nunha cafetería, pero impedíronllo axentes da Policía Nacional e da Policía Local, que o colleron na allada
Unha chamada da policía de madrugada informaba as propietarias desta tenda de calzado de Redondela que foran vítimas dun roubo.
"Foi un susto. Chegamos e xa vimos o cristal da porta roto, os cristais pola tenda. Levou o fondo da caixa que deixamos", di Rita Lago.
O aviso dérano uns veciños que viven xusto en fronte.
"A policía veu porque os veciños sentiron ruído, chamaron a policía e gravárono", explica Rita.
Na tenda do lado, Nuria conta que a mesma persoa entrou no seu local o mes pasado. Hai só uns días axentes da Policía Policía Nacional e da Local detiveron o home antes de que lograra o seu obxectivo, nunha cafetería.
"Aproveitou un descoido que eu fun ao baño. Levou uns 400 euros, se contamos o teléfono ao mellor a 600 ou 700 euros", di Nuria.
O presunto autor pasou a disposición xudicial polo último roubo con forza. Ten uns 40 anos e vive na mesma localidade pontevedresa.
"Xa entrou a roubar noutros sitios e xa está medio fichado, entrou en negocios e coches".
"Collérono abrindo maleteiros de coches, collendo mochilas. É veciño, está localizado. Sábemos onde está pero non podemos facer nada, pola mañá lévano e a tarde está dando voltas pola rúa", contan as dúas mulleres.
Os comerciantes confían en que sobre o ladrón recaia unha condena coa agravante de reincidencia en furtos e roubos con forza.
"Oxalá sexa así", conclúe Nuria.