Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai 20 anos das inundacións no Salnés; choveu nun día o que adoitaba chover en quince

Fai 20 anos das inundacións no Salnés; choveu nun día o que adoitaba chover en quince

Medio cento de veciños tiveran que ser desaloxados, con Caldas ou Vilagarcía sendo as localidades máis afectadas

Choveu durante a noite e á hora da preamar, iso fixo que os ríos saíran do leito

G24.gal 27/11/2026 13:27

Fai vinte anos. O 27 de novembro do 2006 chovía na comarca do Salnés, nun só día, o que adoitaba chover en dúas semanas. Varios ríos rebordaron, houbo que evacuar veciños e a auga chegou a acadar os cinco metros de alto nalgúns lugares.

Choveu, especialmente, durante as horas da preamar. Iso fixo que os ríos da comarca aumentaran o seu caudal de maneira repentina e moi violenta. A auga anegou as vilas de Caldas ou Vilagarcía de maneira súbita hai agora vinte anos. 

Hai agora 20 anos que Caldas foi, durante horas, unha vila só accesible en lancha. Os ríos Docón, Umia ou Vermaño non lograron absorber tanta auga en tan pouco tempo. As perdas materiais superaron os setecentos mil euros. Uns douscentos comercios quedaron anegados por completo. Marchou a subministración eléctrica durante horas e houbo que evacuar máis de medio cento de veciños. 

A rede de sumidorios colapsaba en Vilagarcía, en Caldas e noutras localidades do Salnés aquel 27 de novembro do 2006. Aquel día había auga por todas partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade