Publicador de contidos
Publicador de contidos

As choivas esténdense na provincia de Ourense pero os encoros seguen baixos

As choivas esténdense na provincia de Ourense pero os encoros seguen baixos

A presa das Cunchas está ao 31 % e o de Salas ao 28 % da súa capacidade

A aldea de Aceredo volve quedar sepultada baixo a auga no Lindoso

O río Pacín, en Entrimo
G24.gal 29/10/2022 14:37 Última actualización 29/10/2022 15:03

Na provincia de Ourense había tempo que non vían chover con tanta intensidade. A auga cae de xeito xeneralizado pero nótase, sobre todo, na Baixa Limia.

A estación de Meteogalicia de Entrimo leva rexistrados en outubro máis de 300 litros de auga acumulada por metro cadrado, 80 nun só día. Así e todo, tras a seca prolongada deste ano, os encoros seguen en niveis baixos.

O das Cunchas está ao 31 % da súa capacidade, cando hai un ano situábase dez puntos por riba. O de Salas, un dos máis baixos da provincia, segue no 28 % da súa capacidade.

A aldea de Aceredo, que tantas visitas recibiu no último ano, volve estar sepultada baixo a auga. As chuvias das últimas semanas van restablecendo o caudal no encoro de Lindoso. Tamén se observan os efectos no río Pacín, en Entrimo.

"Isto, hai un mes, cruzábase andando. Pero aínda non chega aos mananciais. A seca é profunda. Pero é un alivio: caeu ben caída, sen problemas en ningún sitio", asegura Amadeo Rodríguez Torres, de Protección Civil.

A área recreativa, zona de baño para residentes e visitantes durante o verán, está anegada e a auga corta por momentos a estrada. Entrimo é o concello ourensán onde máis leva chovido ultimamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar