Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entre a resistencia e a reinvención, os quioscos loitan por manter o seu espazo nas cidades

Entre a resistencia e a reinvención, os quioscos loitan por manter o seu espazo nas cidades

"Podes resistir, pero enfocando o negocio doutra maneira non como foi antigamente, como foi sempre"

Chus Purriños 29/01/2026 20:59 Última actualización 29/01/2026 21:22

Nun recuncho dunha praza, á beira dunha parada de bus. Os quioscos continúan a formar parte da paisaxe urbana. Cada vez son menos, pero os que resisten fano apoiados nunha clientela fiel.

"Todos os días merco o periódico".

A venda de xornais e revistas leva anos en descenso. Impóñense os novos hábitos de consumo. Dío a mocidade.

"Eu adoito mercar cromos, pero revistas e xornais non. Fágoo online". "Todo o que consumo de prensa ou de revistas tamén o fago por Internet".  

Con todo, algúns establecementos conseguiron adaptarse ampliando a súa oferta con libros, artigos de papelería ou mesmo servizos de paquetería.

"Podes resistir, pero enfocando o negocio doutra maneira non como foi antigamente, como foi sempre", confirma Jonathan Pernas, un dos socios de 'O Quiosque'.

No barrio coruñés dos Rosais, o quiosco de Willy e Jonathan é un espazo de conversa diaria.

"Son tan boas persoas que eu xa os considero da miña familia", asegura unha veciña.

Un modelo de comercio tradicional que contribúe a seguir construíndo barrio.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos