Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña Días Azuis do Comercio Galego comeza este venres, con 20.000 euros en sorteos

A campaña Días Azuis do Comercio Galego comeza este venres, con 20.000 euros en sorteos

Repartiranse 44 cartóns prepago por valor de 250 euros, 11 por cada provincia galega, e outras 60 de 150 euros, 15 por cada provincia, para gastar nos establecementos comerciais de Galicia

A campaña do ano pasado mobilizou 3,5 millóns de euros en 160 localidades 

Presentación da campaña Presentación da campaña
G24.gal 09/04/2026 15:55

A campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizan a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, comeza este venres, 10 de abril, e alongarase ata o 30 de abril.

Inclúe 20.000 euros en sorteos entre os consumidores en establecementos adheridos. En concreto, repartiranse 44 cartóns prepago por valor de 250 euros, 11 por cada provincia galega, e outras 60 de 150 euros, 15 por cada provincia, para gastar nos establecementos comerciais de Galicia.

Premio adicional de 2.500 euros a gastar nunha única xornada 

Ademais, celebrarase un gran sorteo final en directo previsto para maio entre as persoas asistentes ao acto de entrega de premios, en que se outorgará un premio adicional de 2.500 euros, que deberá empregarse nunha única xornada de compras na localidade elixida pola persoa gañadora.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, participaron este xoves na presentación desta nova edición.

Gabriel Alén salientou "a efectividade" desta iniciativa, que na súa última edición contribuíu a incentivar máis de 134.000 vendas en máis de 160 localidades galegas e mobilizou arredor de 3,5 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade