Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entran en vigor as medidas que buscan rebaixar o recibo da luz

Entran en vigor as medidas que buscan rebaixar o recibo da luz

O executivo central tamén vai intervir os beneficios das eléctricas que renoven ou asinen contratos novos con prezos por riba dos 67 megawatts

G24.gal 31/03/2022 14:28

O Goberno de Pedro Sánchez adiantará a liquidación do sistema de subvencións que reciben as renovables. Cos prezos disparados neste momento, están a ingresar por riba do 7 por cento comprometido.

Ao anticiparse este axuste, o executivo disporá este ano de 1.800 millóns de euros que vai utilizar para baixar a factura. Isto tradúcese nunha rebaixa de seis euros no recibo mensual. A medida aplicarase de maneira urxente desde este xoves. 

A maiores, o Goberno anunciou que vai intervir os beneficios das compañías eléctricas que renoven ou asinen contratos novos cos prezos por riba dos 67 euros por megawatt.

As empresas aínda non reaccionaron, pero os expertos advirten que a medida terá un forte impacto porque ás eléctricas non lles vai compensar renovar contratos e optarán por cancelalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos