Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enfrontamento veciñal en Aguiño polas obras de mellora da accesibilidade na rúa Castelao

Enfrontamento veciñal en Aguiño polas obras de mellora da accesibilidade na rúa Castelao

Dos 2.700 veciños, 1.063 asinaron en contra de implantar o sentido único

A ampliación das rúas é unha prioridade para os veciños a favor do proxecto

G24.gal 26/09/2022 14:12

A rúa Castelao é unha das dúas principais arterias de Aguiño. Unha vía de dobre sentido de circulación que quedará reducido a un só sentido tras as obras de mellora da fachada atlántica. Unha modificación que ten divididos os veciños. 

Dos 2.700 habitantes da parroquia, 1.063 asinaron un escrito en contra da implantación do sentido único.

A necesidade de ampliar as rúas en moitos tramos inutilizables por farois é un dos piares desta actuación urbanística financiada con fondos europeos para mellorar a accesibilidade.

Consideran un perigo a construción dun carril bici nun dos tramos. 

O proxecto conta co visto e prace doutra parte da veciñanza, que declina falar ante a cámara por temor a represalias. Din que a ampliación das rúas é unha necesidade prioritaria e non ven problema ao sentido único de circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade