Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta informa as industrias agroalimentarias das axudas para a modernización

A Xunta informa as industrias agroalimentarias das axudas para a modernización

A modernización, o paso necesario para mellorar o posicionamento e a competitividade

Segue aberta, ata o 29 de marzo, a orde de axudas para a transformación da produción agrogandeira

 

A Xunta ten aberta unha liña de axudas para a transformación das industrias agroalimentarias
G24.gal 07/02/2024 14:37 Última actualización 07/02/2024 14:56

Calquera industria de transformación e comercialización agroalimentaria de Galicia pode ser beneficiaria dunha liña de axudas que ofrece a Consellería do Medio Rural para mellorar as súas instalacións e contribuír á súa modernización e competitividade. Diso falouse esta mañá nun encontro entre empresarios do sector.

 "Distintas axudas a nivel de produción e de dixitalización nos últimos anos das que promove a Xunta de Galicia utilizámolas, e dende logo foi un cambio de paradigma na nosa adega. Pasamos, como digo eu, de en algunhas cousas tocar de oído a poder pasarnos á cultura do dato, e pasar a ser moito máis eficientes e moito máis profesionais na nosa produción", apunta Andrés Rodríguez Gómez, presidente de Viña Costeira.

"Anímante a seguir con estes cambios e a facelos canto antes, porque ao final tamén son resultados para a empresa", conta Pepe Albela, xerente de Viparal.

Dende o ano 2016 a Xunta leva investidos máis de 170 millóns de euros en axudas para a modernización das empresas do sector.

"Que mobilizaron, e isto é importante, proxectos por riba dos 500 millóns de euros, industria láctea, industria cárnica, todo o que ten que ver coa transformación da nosa produción agrogandeira", informa José González, conselleiro do Medio Rural.

 "Evidentemente, con estas axudas é moito máis fácil poder desenvolver actividades ou proxectos que nos formulamos para seguir medrando como empresa", explica Rocío Cid, xerente de Cuevas y Cia.

O prazo para solicitar préstamos garantidos segue aberto ata o 29 de marzo. Para o orzamento deste ano, a Xunta vai destinar 30 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade