Cargando resultados...
En Zarracós, no concello da Merca, xa hai máis gatos que veciños
Os veciños piden que se esterilicen os animais, que non paran de multiplicarse
G24.gal
14/10/2024 13:54
Luns ao sol en Zarracós. Veciños ningún, os bancos son para os gatos. Calculan que máis de 70 felinos silvestres andan pola aldea, métense en casas alleas e fan estragos.
Nesta aldea do concello ourensán da Merca hai máis gatos que veciños. Piden ao Goberno local que os esterilice para frear a sobrepoboación. Din que derraman as hortas e os sementeiros, que se meten nas casas e que o cheiro é insoportable.
Máis gatos que veciños que, como acontece en todo o rural ourensán, van a menos, mentres os gatos non deixan de multiplicarse.