Viveiro, unha vila con longa tradición comercial
Hai unha decena de establecementos que levan máis de setenta anos abertos
Varios deles teñen ademais a peculiaridade de que á fronte deles se manteñen os descendentes dos propietarios orixinais que fundaron os negocios
Fran é a terceira xeración de tendeiros da familia Chao. Está á fronte dun ultramarinos que se mantén aberto desde 1931.
Coincide co seu pai ao pór o cliente no centro da súa atención. Lembra como foi evolucionando o comercio. O fundador está presente en toda a tenda.
A menos de cen metros está o negocio máis antigo de Viveiro, unha farmacia que se mantén neste mesmo emprazamento desde polo menos 1898. E cen metros máis adiante atopamos outro dos establecementos veteranos de Viveiro que se mantén na mesma familia.
A súa actual xerente deixou o seu traballo como mestra para atender o negocio.
Son a memoria viva da actividade comercial que caracteriza esta localidade mariñá desde hai séculos.